Traballadoras pobres e pensións "de miseria"

As protestas convocadas pola CIG e polo colectivo Galegas 8M pon o foco na precariedade laboral das mulleres

La protesta convocada este viernes por la CIG y por el colectivo Galegas 8M en Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera A protesta convocada este venres pola CIG e polo colectivo Galegas 8M en Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O movemento feminista puxo este venres un dos seus focos na precariedade laboral das mulleres. Fíxoo durante as mobilizacións que a CIG e o colectivo Galegas 8M convocaron na Praza da Peregrina e A Ferrería, respectivamente. En ambas concentracións, os asistentes alertaron sobre a brecha salarial, que se sitúa no 30,9% a nivel provincial. Isto supón que un home da provincia de Pontevedra cobra ao ano 4.756 euros máis que unha muller.

Sobre esta situación falou Regina Pérez durante a lectura do manifesto que pechou a protesta do sindicato nacionalista. "Unha de cada catro mulleres galegas vivimos por debaixo do umbral da pobreza. Ocupamos o 77,3% dos traballos a tempo parcial", advertiu esta empregada da empresa Froiz, que puxo o broche a unha manifestación que percorreu o centro da cidade ao berro de "Patriarcado e capital, alianza criminal" ou "Imos desertar, das tarefas do fogar".

Pérez reflexionou tamén sobre a emigración, os contratos temporais (nove de cada dez son para mulleres) ou as obrigacións impostas pola sociedade durante a maternidade. "Impídesenos conciliar, vivindo con medo a ser despedidas ou represaliadas cando nos convertemos en nais. Somos nós as que coidamos e, polo tanto, facemos uso dous dereitos de conciliación. Dereitos totalmente insuficientes que non ofrecen a posibilidade de compaxinar traballo con coidado sen perda salarial. Abocadas a excedencias ou redución de xornada", exclamou.

O movemento reivindicou a Rosalía de Castro, "unha galega adiantada"

A mobilización da CIG, secundada por Erguer, Galiza Nova e BNG, tamén reivindicou a figura e Rosalía de Castro, "unha galega adiantada á súa época que deu palabra a denuncias plenamente vixentes hoxe". Entre elas, "a cousificación, as agresións sexuais e os abusos contras as mulleres das clases populares".

O manifesto do colectivo Galegas 8M protagonizárono Concha, Maca, Pilar e Rosa, voces históricas do feminismo pontevedrés. Na súa intervención na concentración da Ferrería reclamaron unha reforma laboral con perspectiva de xénero para erradicar a brecha salarial, a precariedade ou os teitos de cristal. Tamén denunciaron "o chan pegañento e a feminización da pobreza". "As dobres xornadas non se erradican con declaracións nin con leis ditadas polos señores do capitalismo. As mulleres máis novas están condenadas ó traballo escravista, parcial e precario ou a emigrar; e as maiores están abocadas ó abandono, á soidade. Estamos fartas de percibir as pensións máis baixas do Estado, unhas pensións de miseria, que nos obrigan a sufrir pobreza na vellez", subliñaron.

Reacciones 8M

Comentarios