martes. 19.10.2021 |
El tiempo
martes. 19.10.2021
El tiempo

Trasladan ao Chup a dous pacientes con covid procedentes de Ferrol

Ambulancias en Montecelo. DP
Ambulancias en Montecelo. DP
é a primeira vez que derivan a unha enfermo da área ferrolá a Pontevedra, xa que o resto de trasladados foran a Lugo

Dous enfermos con coronavirus que permanecían ingresados na zona de coidados intensivos do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (Chuf) foron trasladados na tarde deste mércores, 27 de xaneiro, ao Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (Chup), onde foron ingresados na zona de Uci. 

Así o han traslado fontes da Consellería de Sanidade a Europa Press, que sinalaron que esta decisión tomouse "para anticiparse e deixar marxe de acción ante o posible empeoramento de pacientes en hospitalización". 

Ademais, indicaron que se trata dunha das medidas recollidas "no Plan de Continxencia, no que non se descartaban traslados a outros centros sanitarios de ser necesarios". 

Esta é a primeira vez que un traslado se fai a Pontevedra, xa que anteriormente todos eles foran ao Hospital Universitario Lucus Augusti (Hula), da cidade de Lugo, onde foron levados ata catro pacientes.

ANTECEDENTES. O primeiro ocorreu en novembro de 2020, ao que lle seguiron hai uns días, durante un mesmo fin de semana, 16 e 17 de xaneiro, tres enfermos, un o sábado e dous o domingo, derivados tamén ao centro hospitalario lucense. 

Con estes dous novos afectados por Covid-19 levados a Pontevedra xa son seis os pacientes das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal derivados a outros centros. 

Trasladan ao Chup a dous pacientes con covid procedentes de Ferrol
comentarios
ç