"Non aconsello a ninguén que tome anabolizantes, son sustancias nocivas"

Un monitor deportivo e unha farmacéutica son condenados pola venda ilegal de anabolizantes

Un dos imputados, Héctor Redondo, recoñeceu que adquiría os produtos ilegais para proporcionarllos a outras persoas aproveitando a súa actividade profesional
Sustancias intervenidas en una operación reciente en Vigo
photo_camera Sustancias intervenidas en una operación reciente en Vigo

O Xulgado de Instrución 2 de Pontevedra acolleu este venres a firma dos acordos, pola vía da conformidade, que serviron para ratificar as condenas que afectan a seis persoas (a maioría veciñas da cidade do Lérez e dos seus arredores) que se viron involucrados nunha laboriosa investigación da Garda Civil e a Fiscalía Antidroga encamiñada a erradicar a presenza de sustancias prohibidas nos ximnasios da capital.

A sentenza condena, en primeiro lugar, a Ana María Rodríguez, titular dunha farmacia de Poio, que, "aproveitándose de tal condición estivo a dispensar, sen xustificación terapéutica algunha, diversas sustancias e produtos farmacéuticos cuxos compoñentes se atopaban incluídos na lista de sustancias e métodos prohibidos no deporte. Gran parte desas sustancias foron fornecidas ao tamén imputado Héctor Redondo, a pesar de que a imputada era plenamente consciente de que esta persoa practicaba actividade deportiva nun ximnasio". Winstrol, DecaDurabolin, Testex Prolong, Promobolan Depot e Proviron son os nomes dos produtos fornecidos por Rodríguez a Redondo, todos eles anabolizantes ou derivados da testosterona. O propio Redondo, uruguaio fincado en Pontevedra que traballa nun ximnasio de Santa Clara, estivo "a ofrecer, fornecendo e facilitando diversas sustancias" das anteriormente citadas, segundo relata o ditame.

"Os destinatarios das sustancias que o imputado ofrecía eran sempre persoas que practicaban o deporte como actividade lúdica, tendo como única finalidade aumentar as súas capacidades físicas e pondo en perigo a saúde dos consumidores".

O fiscal Antidroga, que relata no seu escrito ata 18 clientes durante o período investigado, explica que no momento da detención foron incautados diversos dos citados produtos en poder de Redondo.

O terceiro condenado é Jaime Gil, un veciño de Narón con antecedentes penais que, segundo o Ministerio Público, estivo a ofrecer e fornecendo sustancias "actuando como intermediario nalgunha das vendas que realizaba Héctor, ao recibir sustancias ilícitas deste e remitirllas aos consumidores finais, percibindo como contraprestación unha porcentaxe do prezo final da venda».

O culturista pontevedrés Xullo Pampín tamén aceptou a condena, que inclúe cinco meses de cárcere, tras ser identificado en conversacións como "facilitador" ao aconsellar a persoas sobre o uso de anabolizantes, que foron achados na súa casa e que, segundo sinalou, eran para o seu propio consumo.

Damián Sueiro, de Poio, resultou condenado por "fornecer e facilitar" sustancias a persoas que practicaban deporte.

Para rematar, o madrileño Rafael Caracuel vendeu produtos de uso veterinario (é xerente dunha hípica) ao citado Héctor, que os fornecía a humanos, co risco que iso entraña.

As penas de cárcere non superan o ano en ningún caso, aínda que os procesados quedarán inhabilitados para actividades deportivas profesionais durante meses.

No culturismo non existen controles antidopaxe, pero oxalá os houbese. Estou a favor de que os haxa»

Comentarios