martes. 20.10.2020 |
El tiempo
martes. 20.10.2020
El tiempo

Un veciño de Pontevedra de 52 anos morre mentres almorzaba nun bar

O falecido esborrallouse nun local das Pontes minutos antes de entrar a traballar nunha canteira

Un veciño de Pontevedra de 52 anos faleceu este venres por causas naturais mentres almorzaba nun bar do centro das Pontes. O tráxico suceso ocorreu sobre as 6.40 horas, apenas 20 minutos antes de que o home, empregado dunha empresa da cidade do Lérez, entrase a traballar nunha canteira de San Sadurniño, segundo algunhas fontes.

Ao lugar dos feitos acudiron os servizos médicos, que trataron de reanimar ao home durante unha hora, pero sen éxito, a Garda Civil e a Policía Local.

Un veciño de Pontevedra de 52 anos morre mentres almorzaba nun bar