Veciños alertan de carreiras ilegais e trompos nas rúas de Monte Porreiro

tamén formularon a colocación de lombos e máis pasos de peóns na rúa Portugal
Intersección entre las calles Alemaña y Grecia en Monte Porreiro. ARCHIVO
photo_camera Imaxe de arquivo de Monte Porreiro. ADP

Unha representación da plataforma Monte Porreiro quere avanzar reuníuse co concelleiro de Obras Urbanas e Transportes, Demetrio Gómez Junquera, para alertarlle dunha serie de incidencias que están a ocorrer no barrio nos últimos tempos, como carreiras ilegais e trompos nas rúas Dinamarca, Bélxica e Reino Unido.

Malia que o encontro tivo lugar hai unha semana, non trascendeu ata este martes que se trataron distintas melloras para esta contorna, consideradas relevantes pola plataforma, "que ten vontade de sumar en prol dunha urbanización accesíbel, aberta, agradábel e con gran calidade urbana".

Ademais de buscar solucións ó descontrol dos vehículos, os veciños tamén formularon a colocación de lombos e máis pasos de peóns na rúa Portugal, no tramo entre o cruzamento con Alemaña e con Illa de Man, "posto que os coches acadan velocidades tamén moi relevantes nese treito e as persoas so teñen dúas opcións para cruzar nun tramo de 250 metros".

Xunto co reasfaltado de diversos treitos, pedíuse estudar a habilitación de dous aparcamentos na rúa Grecia e a ampliación da beirarrúa neste vial para facela accesíbel, "posto que agora mesmo resulta inviábel transitar por ela cunha cadeira de rodas ou un carriño de bebé".

Os veciños tamén reclamaron apoio á solicitude da ANPA do IES Luís Seoane para habilitar un novo paso de peóns na rúa Alemaña.

Comentarios