Os veciños presentan as primeiras alegacións contra o viario a Montecelo

O presidente da Asociación de Veciños de Mourente carga contra o Concello
Reunión de vecinos de Mourente la semana pasada. JOSÉ LUZ OUBIÑA
photo_camera Reunión de veciños de Mourente a semana pasada. JOSÉ LUZ OUBIÑA

Vecinos de Montecelo presentaron o mércores as primeiras alegacións –outras as presentarán este venres– contra a expropiación das 79 leiras para construír o viario de acceso ao Gran Montecelo. O presidente da Asociación de Veciños de Mourente, Eulogio Sartier, carga contra o Concello por diferentes motivos.

Por unha banda, asegura que parte dos propietarios das leiras non puideron acceder á información correspondente ás obras do viario, pois esta só foi publicada en Internet. Denuncia que "acodes de 60 ó 70 anos non teñen por que saber usar un computador" e entrar na web do concello para recibir información.

Por outra banda, dúbida dos accesos que se faciliten para cada unha das leiras: "Nos planos non se especifican estes accesos. Só hai unha casa que, moi peculiarmente, si terá servizos seguro". Outra das alegacións céntrase nos muros de contención, que asegura que tampouco saben de que xeito serán construídos.

Ademais, di Sartier que o concello "está a enganar" aos veciños, porque hai dúas rotondas nas que aínda non hai estradas nos planos.

As cifras destas expropiacións chega os 400.000 euros, unha "miseria", en palabras de Eulogio Sartier.

Esta situación chega a tal extremo que o presidente da Asociación de Vecinos asegura que, "se fai falta", chegarán aos xulgados,

Comentarios