domingo. 16.05.2021 |
El tiempo
domingo. 16.05.2021
El tiempo

O veloláser detecta os primeiros excesos de velocidade na avenida de Bos Aires

Radar en la avenida de Buenos Aires. RAFA FARIÑA
Control de velocidade. RAFA FARIÑA
A campaña de control prolongarase ata o martes

A avenida de Bos Aires foi o lugar elixido este martes pola Policía Local para poñer en marcha a campaña especial de vixilancia sobre os excesos de velocidade que se prolongará ata o vindeiro martes e que se desenvolverá en distintos puntos do centro urbano, dentro da limitación de 30 km/h.

Poucas horas despois, o operativo trasladouse á avenida das Corbaceiras. Para levar a cabo estes controis, o corpo municipal emprega un Velolaser 1.0, apoiado nun trípode, que mide a velocidade e fotografía a aqueles vehículos que superen o límite.

Xunto a el sitúase un coche camuflado con un ou dous axentes para atender a pantalla onde se reciben todas as infraccións.

O veloláser detecta os primeiros excesos de velocidade na avenida...
comentarios
ç