viernes. 14.08.2020 |
El tiempo
viernes. 14.08.2020
El tiempo

O verán relanza o plan de compostaxe

Compostero en Campolongo, onte. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Compostero en Campolongo, onte. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Campolongo estreou este xoves as illas de reciclaxe e o luns funcionará xa o colector marrón
O verán marcará un punto de inflexión no plan de compostaxe de Pontevedra. O Concello pisa o acelerador para que o seu plan de reciclaxe de lixo orgánico chegue a máis zonas da cidade. Logo de ampliar as illas de reciclaxe en Valdecorvos e A Parda, o barrio de Campolongo estreou onte os seus primeiros composteros comunitarios.

A partir do luns empezarán a funcionar os colectores marróns do plan de compost urbano, que se iniciará con 250 usuarios, todos eles medianos produtores de biorresiduos, isto é, restaurantes, fruterías ou comercios de alimentación.

Gon Presentacion de los contenedores marrones para compostaje. En la Praza de España., jueves, 2 jul · 12:00–12:00O camión da concesionaria do servizo, Cespa, comezará a recoller os primeiros restos de comida nos 65 contedores que se colocarán no centro da cidade. O edil de Residuos, Raimundo González Carballo, asegurou que a iniciativa, que é de carácter voluntaria, "está a ter moi boa acollida", e que só cinco negocios declinaron a súa participación.

O concelleiro do BNG, que onte presentou na Praza de España os colectores asociados ao Plan Composta, asegura que "nunha semana, ou sistema xa terá velocidade de cruceiro".

O verán relanza o plan de compostaxe
comentarios