Vithas Pontevedra dedica unha semana á prevención do cancro de próstata cun cribado gratuíto

Centro médico de Vithas en Pontevedra. EUROPA PRESS
photo_camera Centro médico de Vithas en Pontevedra. EUROPA PRESS

O centro médico Vithas Pontevedra dedicará toda a próxima semana á prevención do cancro de próstata cun cribado gratuíto para todo aquel que estea interesado en coñecer os seus niveis de PSA, o antíxeno específico da próstata. 

Este cribado, para o que será necesario pedir cita para garantir a distancia social, realizarase en horario de mañá e tarde entre o 23 e o 27 de novembro no centro de Eduardo Pondal, número 68. 

Con esta iniciativa, Vithas Pontevedra súmase ás distintas iniciativas que con motivo do mes de novembro dedicado á saúde prostática están a realizarse en todo o mundo. 

Neste caso, realizarase unha análise de PSA, a través dunha pequena extracción de sangue venosa, similar á de calquera analítica de rutina. Este é un dos indicadores máis comúns dun posible cancro de próstata e, de feito, utilízase como medida de cribado entre a poboación de risco. A PSA é unha proteína producida pola glándula prostática e a súa elevada presenza adoita estar asociada ao cancro.

Os resultados das probas analíticas, que serán proporcionados polo laboratorio de VithasLab, e o cuestionario que cada participante deberá cubrir, ofrecerán ao urólogo Antón Zarraonandía, especialista do Centro Médico Vithas Pontevedra, a información necesaria para realizar un informe con recomendacións médicas sobre a saúde prostática. 

Para participar neste cribado, totalmente gratuíto, será necesario pedir cita previa nos correos electrónicos [email protected] ou no teléfono 986 90 19 75

Comentarios