Xeira de barullada e rock tras as máscaras

O ciclo Barullada Rock despídese por todo o alto na xornada do venres cos concertos Fondo Norte, Agoraphobia, Pantano, Moura e Malkeda
RAFA Pistas de Campolongo. Concerto de The Bo Dereks. Barullada Rock.
photo_camera A actuación de The Bo Dereck's nas pistas de Campolongo. RAFA FARIÑA

A pesar das máscaras, os acordes de guitarra de Querido Extraño foron quen de amenizar a hora do vermú de onte. A formación, que conta tamén con harmónica e percusión, inaugurou o Barullada de Rock na Praza de Barcelos, do mesmo xeito que Thee Blind Crows co seu blues&punk, pero na praza da Ferraría. Xa pola tarde, ás 20.00, os pontevedreses dispuxeron de dúas opcións. Os que se achegaron ás pistas de Campolongo puideron gozar de The Bo Derek’s e o seu rock, mentres que Trompas de Farlopio trouxo unha proposta de new punk á Ferraría. Dúas horas máis tarde, o rock&roll de The Soul Jackect serviu de colofón á primeira xeira do programa na Praza de España.

Hoxe será a quenda do punk rock de Fondo Norte, que xa o ano pasado fixeran gozar á cidade durante a Peregrina. Os de sempre repiten na Alameda ás 13.30 horas, ao mesmo tempo que as rapazas de Agoraphobia encherán Barcelos co seu indie rock. De novo a primeira hora do solpor, o grupo local Pantano chegará ás pistas de Campolongo. Finalmente, para pechar o Barullada de Rock da mellor maneira, Moura buscará encher da súa néboa psicodélica con raíces folk a Alameda ás 22.00, á vez que o metal de Malkeda inundará a Praza de España. 

Comentarios