A 'Xornada Demoday' premia aos mellores talentos de 'DepoEmprende'

O Carlos Oroza e o CIPF Manuel Antonio foron galardoados polos mellores proxectos
Las premiadas de los premios 'DemoDay'. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
photo_camera As premiadas dos premios 'DemoDay'. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

A presidenta da Deputación, Carmela Silva encargouse este mércores de presentar o acto de entrega de premios aos mellores proxectos do programa institucional provincial DepoEmprende na FP, un concurso que xorde coa idea de incluír no ámbito empresarial aos mozos de Formación Profesional no que mostraron as súas iniciativas máis emprendedoras para facerse un oco no mundo profesional.

O evento celebrouse no salón de plenos do Pazo provincial da Deputación de Pontevedra a partir das 10:00 horas e selouse coa proclamación dos galardoados con premios que sumaron un total de 1.900 euros. O cheque do primeiro premio valorado en 700 euros para o Grao Superior recibiuno o alumnado do ciclo de Axencias e organización de eventos do CIFP Manuel Antonio, mentres que o segundo galardón foi a parar á proposta de estudantes de Patronaje e Moda do mesmo centro, que recibiu un importe de 500 euros. Á súa vez, o Ciclo de Grao Medio recibía un premio de 700 euros que foi a parar ao CIFP Carlos Oroza de Pontevedra pola súa labor no proxecto Xílgara.

Para abrir o evento, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, puxo en valor a educación en Pontevedra, destacándoa como a gran porta ao futuro. "Cada ano sorpréndeme este programa porque tomo conciencia de canto talento ten a nosa mocidade, que ten a capacidade de crear e poñer enriba da mesa novas respostas a novos retos, ou novas respostas a retos que sempre estaban enriba da mesa" asegurou para a continuación facer especial fincapé no sector feminino que cada vez está a ser máis participativo na contorna laboral e académica.

Esta iniciativa xorde co obxectivo de liberar as ideas dos máis novos e destacar a evolución á que se somete, sobre todo Pontevedra. "Que saiba a provincia que todas e todos imos quedar nas mellores mans, nas de mozas e mozos que teñen ideas, traballan, que se comprometen e son capaces de construír e crear, e é a única forma de que poidamos seguir avanzando" recalcou a presidenta, mostrándose orgullosa en todo momento da educación da provincia.

PREMIADOS. O primeiro premio logrado polo Ciclo de Grao Medio correspondeu ao proxecto Capptus, unha App ideada para os guías turísticos co localizar aos clientes a tempo real e poder cubrir calquera imprevisto que xurda neste ámbito.

O cheque de 500 euros correspondeu ao proxecto que presentado por Pomba Ugarte daba nome á firma de roupa coa que pretende dar un paso á fronte. O principio desta idea susténtase en crear un centro de patronaje que inclúa toda a materia prima necesaria para que o cliente se constrúa os seus propios modelos, unha idea que agradou ao xurado alí presente, que viu viable para proxectalo nun futuro próximo.

O premio correspondente ao Grao Medio foi para a primeira presentación da mañá, de Ana Salomón, quen logrou calar fondo coa súa proposta das xílgaras, nome que recibiría o doce típico de Sanxenxo, proveniente do xilgaro, que colonizou a praia de Silgar en 1900.

Comentarios