Xornada sobre os ERTE do Fórum Empresarial de Pontevedra o día 28

El abogado Carlos Tomé y el graduado social Iago Pereiró abordarán las nuevas modalidades y la renovación de las prestaciones por cese de actividad para autónomos

O Fórum Empresarial de Pontevedra organiza, o 28 de outubro de 2020, unha xornada sobre os Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE), na que, baixo o título Presente e futuro dos ERTE, o avogado Carlos Tomé e o graduado social Iago Pereiró desenvolverán as novas modalidades de está fórmula laboral, os compromisos de salvagarda do emprego se os empresarios se acollen a unha das novas modalidades de ERTE, ademais da renovación das prestacións por cesamento de actividade para autónomos.

Carlos Tomei e Iago Pereiró. DPA prórroga dos ERTE ata o 31 de xaneiro de 2020 vai obrigar a que moitos empresarios teñan que volver tramitar de novo os ERTE, adheríndose a unha das tres modalidades que aprobou o novo Real Decreto Lei 30/2020, porque, en caso contrario, poderían quedar sen as exencións da Seguridade Social.

Estes novos procedementos supoñen unha maior complicación burocrática para moitas empresas, aínda cando se considera positiva a extensión da vixencia dos ERTE para apoiar ás empresas en crises.

Na xornada de traballo abordaranse os tipos de negocios que se poden adherir a esta medida, entre os que se atopan os especialmente afectados pola pandemia e os que sufran novas restricións que impidan o seu funcionamento, provoquen o peche ou limiten a súa actividade.

A xuízo dos empresarios, sen dúbida estas medidas estenderanse máis aló do mes de xaneiro de 2021, porque as restricións sanitarias con toda probabilidade continuarán e, por iso, será necesario que se habiliten ademais outras medidas para axudar ao tecido produtivo da nosa comunidade autónoma.

Se o custo laboral para a gran maioría de empresas pode oscilar entre un 40 ou 50% dos seus custos totais, naqueles negocios con apenas actividade e que estean a facturar menos do 50%, os expedientes de regulación temporal de emprego non serán a solución definitiva e salvadora se non se reciben ao mesmo tempo outro tipo de axudas máis directas ou reducións ou exencións de impostos.

Os dous expertos invitados polo Fórum Empresarial de Pontevedra describirán a situación actual legal e atenderán as dúbidas técnicas e de aplicación para todas aquelas cuestións que os empresarios asistentes lles queiran expoñer durante a xornada.

Comentarios