Xosé Malvar terá unha dirección única desde o mércores: así se reordenará o tráfico

O plan de tráfico establece varias alternativas
A Rúa Xosé Malvar. ARCHIVO
photo_camera A Rúa Xosé Malvar. ARCHIVO

A Rúa Xosé Malvar contará cun só carril de subida desde este mércores e ata que remate a primera fase da obra de reposición do firme e reforzo da cimentación. 

Esto significa que, desde as 9.30 horas, ningún vehículo poderá baixar pola rúa. O corte non se efectuará antes co fin de facilitar o tráfico de entrada aos colexios. 

Segúndo informou este martes o Concello, o plan de tráfico establece que os vehículos procedentes das rúas Doce Novembro e Eduardo Pondal cara á Ponte dos Tirantes terán as seguintes alternativas:

► Rúa Estrada . Avenida de Lugo – Valdecorvos ou Monte Porreiro. 

► Eduardo Pondal – Rúa das Hortas – Pintor Laxeiro – Virxinia Pereira – Avenida. Lugo – Monte Porreiro

► Doce de Novembro  – Loureiro Crespo – Casimiro Gómez

Esta última alternativa, explica o Concello, terá "fortes restricións en horas puntas". Os tráficos de subida de Xosé Malvar, Loureiro Crespo e Casimiro Gómez conflúen na rotonda de Loureiro Crespo con Doce de Novembro, polo que é probable que, en horas puntas, "esta colapse", polo que terá que ser desviado o tráfico ben cara a Rúa Estrada ou ben cara Texoeira.  

O tráfico pesado xa fora desviado con antelación pola Seca e os autobuses poderán seguir subindo pola rúa afectada e baixar por Casimiro Gómez durante toda a actuación

Comentarios