A xuíza máis nova de Galicia, destinada en Pontevedra

Ana Eirea, de 26 anos, tiña acabada a carreira de Dereito e aprobada a oposición aos 24

 

Algunos de los jueces que tomaron posesión, entre ellos Ana Eirea, cuarta por la derecha. TSXG
photo_camera Ana Eirea, cuarta pola dereita. TSXG

O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Miguel Ángel Cadenas, presidiu esta semana o acto solemne de xuramento-promesa ante a Sala de Goberno dos novos xuíces destinados a Galicia procedentes da 68 promoción da Escola Xudicial. 

Segundo informa o TSXG, Guillermo de Miguel Ferrer comezará a súa función xurisdiccional na provincia da Coruña; Ana Eirea Costoya, na de Pontevedra e Francisco José Lora Núñez, no xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Verín (Ourense).  Ao acto, ademais da Sala de Goberno, acudiron maxistrados do alto tribunal galego, fiscais e representantes dos colexios profesionais. 

Ana Eirea, natural de Betanzos, tiña acabada a carreira de Dereito e aprobadas as oposicións con 24 anos. Agora, aos 26, xa ten o seu primeiro destino.