viernes. 16.04.2021 |
El tiempo
viernes. 16.04.2021
El tiempo

A Xunta alaba o proxecto de Envita para personalizar a atención aos maiores

Argerey e López visitaron a empresa. GONZALO GARCÍA
Argerey e López visitaron a empresa. GONZALO GARCÍA
A empresa avoga por contribuír ao envellecemento activo e saudable mediante a innovación tecnolóxica

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, e o delegado territorial da Xunta, Luis López, visitaron este mércores en Pontevedra a compañía Envita Digital Solutions, empresa tecnolóxica de innovación social dedicada a desenvolver ferramentas para mellorar a atención ás persoas maiores.

Argerey destacou o caso de Envita como exemplo de innovación social, no que as solucións innovadoras se aplican a atender necesidades das persoas maiores. Subliñou que a innovación adoita asociarse exclusivamente á tecnolóxica feita por grandes empresas, cando a realidade é que calquera empresa, con independencia do seu tamaño e sector, "pode e debe innovar". 

Precisamente, "visibilizar o apoio da Xunta a este tipo de innovación" é o motivo que os levou a visitar a compañía. Segundo engadiu, Envita alíñase coas prioridades das políticas de innovación da Xunta, en concreto, responde a un dos tres retos da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3): contribuír ao envellecemento activo e saudable da sociedade, e co modelo da innovación responsable que persegue reducir a fenda entre os procesos de investigación e innovación e os resultados sociais, co obxectivo de atender mellor as necesidades das persoas.

Envita, nacida en 2019 no contexto da atención ós maiores nos centros Saraiva, identificou a necesidade de ofrecer unha atención personalizada nas residencias, onde hai múltiples axentes que interveñen no coidado de persoas con necesidades de longa duración (profesionais, familia, especialistas) e deseñou unha plataforma que permite orientar todos os procesos de coidado, ben sexa nunha residencia, no fogar ou nun centro de día, en base á historia, modo de vida e desexos da persoa, conseguindo deste xeito personalizar os coidados independentemente de quen os dispense.

O seu paso pola aceleradora de innovación ViaGalicia, promovida pola Xunta e o Consorcio Zona Franca de Vigo, permitiulle desenvolver esa aplicación que posibilita a entidades do sector levar a cabo unha experiencia única, recompilando as súas historias de vida nunha plataforma dixital e logo crear un libro ebook ou en papel. Este produto, pioneiro en España na categoría BaaS (Biography as a service), recibiu un financiamento de 125.000 euros procedente de XesGalicia, Gain e VigoActivo.

A Xunta alaba o proxecto de Envita para personalizar a atención aos...
comentarios
ç