A Xunta asegura que os parámetros na zona están "totalmente controlados"

Medio Ambiente di que "non hai ningún risco" e que se manterá a vixilancia sobre os niveis de mercurio
Vista aérea de las instalaciones de Ence en Lourizán. M.B.
photo_camera Vista aérea das instalacións de Ence en Lourizán. M.B.

A Xunta asegurou este mércores que os parámetros de mercurio no complexo industrial de Lourizán están "totalmente controlados". Fíxoo por boca da súa conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, nunha visita á comarca afirmou que os niveis deste metal tóxico "non exceden as cantidades que, dende o punto de vista ambiental, poderían facer que se tiveran que tomar medidas a maiores". 

A titular autonómica sinalou que Ence ten instalados 18 piezómetros para controlar a calidade das augas subterráneas e que as inspeccións se manterán. Tamén indicou que o plan de desmantelamento e descontaminación de Elnosa conta coa autorización autonómica e os informes dos ministerios pertinentes ao atoparse a zona en dominio público marítimo-terrestre. Neste sentido, avanzou que se investigará a procedencia das filtracións e a súa causa.

Vázquez tamén se referiu á preocupación de Miguel Anxo Fernández Lores. "Xa estamos a tomar medidas. É alcalde, é lóxico que se preocupe polos veciños", engadiu.

A polémica sobre os niveis de mercurio en Lourizán provocou a reacción do PSDEG. O viceportavoz do grupo socialista no Parlamento, Pablo Arangüena, dixo que este episodio "é un exemplo de como a actividade industrial na costa non é inocua" e suxeriu que a Xunta "parece despreocupada" polos hipotéticos riscos.

Comentarios