A Xunta atrasa hasta xuño o desaloxo dos expropiados polo Gran Montecelo

Os afectados debían abandonar as súas propiedades antes do 28 de febreiro
Algunos de los afectados por las expropiaciones de Montecelo. DAVID FREIRE
photo_camera Recreación virtual do futuro Gran Montecelo e o parking previsto. DP

A Xunta de Galicia autorizou que os afectados pola as expropiacións necesarias ampliar o Hospital de Pontevedra poidan permanecer nas súas respectivas propiedades ata o próximo mes de xuño.

As expropiacións afectan a unha trintena de propiedades, entre elas cinco vivendas unifamiliares e catro negocios.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, explicou que a data límite para que se produza ese desaloxo quedará fixada no 15 de xuño, atendendo á petición dos afectados que, inicialmente, debían abandonalas antes do 28 de febreiro.

Rueda, que mantivo este mércores unha reunión cos afectados, sinalou que o goberno galego preferiu "porse na pel" das persoas que serán expropiadas e defendeu que "dentro do inevitable" deste proceso "hai que darlles as máximas facilidades posibles".

Este novo prazo non suporá, segundo garantiu o vicepresidente galego, que se atrase o inicio das obras de ampliación do hospital, cuxa adxudicación se prevé realizar no primeiro semestre deste ano. "O que intentamos é ir ata o límite deses prazos onde vai ser necesario dispor das edificacións", indicou o vicepresidente da Xunta.

Alfonso Rueda anunciou que o próximo mes de marzo sairá publicada a licitación da obra do Gran Montecelo e mantéñense os prazos de adxudicación neste primeiro semestre do ano.

Os afectados, pola súa banda, aseguraron estar "satisfeitos" con este novo prazo, aínda que volveron a criticar o prezo que estableceu a Xunta, "de xeito unilateral", para expropiarlles os seus negocios e as súas vivendas. Estas cantidades, explicaron, foron recorridas ante os tribunais.

Comentarios