sábado. 23.01.2021 |
El tiempo
sábado. 23.01.2021
El tiempo

A Xunta non cobrará o canon da auga a hostaleiros afectados pola pandemia

Un hostaleiro baixando o enreixado o día antes do peche da Xunta. BEATRIZ CÍSCAR
Un hostaleiro baixando o enreixado o día antes do peche da Xunta. BEATRIZ CÍSCAR
Aplicarase desde o 5 de novembro e ata que dure a alerta sanitaria ► Vázquez urxe aos concellos a modificar os seus recibos

A Xunta non cobrará o canon da auga a negocios que se viron afectados pola segunda onda da pandemia do coronavirus. Así o expón a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, nunha carta enviada a concellos como o de Pontevedra, aos que lles insta a modificar "con urxencia" os recibos para eximir deste pago ao sector hostaleiro.

Aínda que desde a Consellería recoñecían este venres que esta amnistía fiscal, vinculada a táxaa da auga ou o coeficiente de vertedura, é simbólica, as mesmas fontes sosteñen que o xesto ten o obxectivo de dar "exemplo": 

A exención deste canon aplicarase desde o pasado 5 de novembro, dous días antes do peche hostaleiro, e manterase mentres non se levante a declaración de urxencia sanitaria que o Goberno galego aprobou o pasado 13 de marzo. Os establecementos que poderán beneficiarse desta medida son os restaurantes, salóns de banquetes, cafeterías, bares, salas de festas, discotectas, pubs, cafés espectáculo, furanchos, hosteles, aloxamentos turísticos e albergues.

"En aras de axudar a lestes sectores económicos máis afectados e castigados, as administracións públicas temos a obriga e ou deber de adoptar as medidas necesarias e eficaces con actuacións coordinadas e conxuntas", expón Vázquez na súa misiva, na que esta amnistía se aplicará a aqueles negocios que "teñan diminuído significativamente a súa actividade", isto é, "que vos consumos sexan iguais ou inferiores ó 25% do consumo realizado non período de facturación inmediatamente anterior ao 5 de novembro de 2020". 

O concelleiro de Facenda do Concello de Pontevedra, Raimundo González Carballo, asegurou que este anuncio da conselleira, que se aplicará a través de Augas de Galicia, está incluída nunha lei de medidas fiscais e administrativas incluída nos Orzamentos de 2021. "Ata que se aproben esas contas non poderían entrar en vigor", sinalou.

A Xunta non cobrará o canon da auga a hostaleiros afectados pola...
comentarios