lunes. 29.11.2021 |
El tiempo
lunes. 29.11.2021
El tiempo

A Xunta concede 243.000 euros a Pontevedra para as persoas en risco de exclusión

2019110112165815345
Segundo os datos do 30 de agosto, en Pontevedra unhas 350 familias perciben a Risga J CERVERA-MERCADILLO
A cifra outorgada por Política Social ao Concello case duplica á do ano pasado e o prazo de execución tamén foi ampliado de 16 a 20 meses para dotar aos proxectos de máis marxe

A Consellería de Política Social concedeu ao Concello de Pontevedra 243.000 euros para a atención de persoas en risco de exclusión no presente ano 2019, unha cantidade que, segundo sinalou o departamento que dirixe Fabiola García Martínez, practicamente duplica a cifra concedida o ano pasado, cando ascendera a 123.000 euros.

O importe foille notificado onte á Administración municipal trala resolución da convocatoria desta orde pola que se establecen as bases que rexen a concesión de subvencións a corporacións locais para programas de emerxencia e inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, e se procede á súa convocatoria para os anos 2019-2021.

O prazo de execución tamén foi ampliado de 16 a 20 meses para que os proxectos teñan maior estabilidade financeira e poidan ter marxe para ser máis ambiciosos.

En concreto, estes fondos irán destinados a varios programas entre os que destaca o importe destinado á impulsar plans de inclusión socio-laboral de beneficiarios da Renda de Inclusión Social de Galicia —Risga— (para o que se adican 62.000 euros), o fomento do emprego (con 144.000 euros), o reforzo educativo (con 16.000), alfabetización nas linguas oficiais de Galicia (2.000 euros) e á formación (17.000) .

En total, a Xunta colabora con máis de 60 concellos de toda Galicia na axuda das persoas máis vulnerables, para o que destina unha suma de 5,2 millóns de euros.

No que respecta a Pontevedra e ao caso concreto das familias (técnicamente denominadas unidades de convivencia) que perciben a Renda de Inclusión Social de Galicia, a cifra medrou nos últimos anos. Se en 2018 o número de Risgas activas era de 318, a 30 de agosto deste ano ascendía a 350, das que 167 foron aprobadas entre 2018 e os oito primeiros meses desta anualidade. Así o amosaban os datos da Concellería de Benestar Social, que xestiona a tramitación aínda que os fondos proceden da Xunta de Galicia.

En febreiro, Pontevedra estaba á cabeza en canto a número de habitantes que percibían esta axuda e a provincia recibía o 46% da cifra que a Administración autonómica destinaba a tal fin.

Ademais da Risga, outra fonte de colaboración importante por parte do Concello son as axudas de emerxencia e a Renda Social Municipal aprobada este ano.

A Xunta concede 243.000 euros a Pontevedra para as persoas en risco...
comentarios
ç