A Xunta defende as condicións das salas no xulgado de garda de Pontevedra

Esta resposta chega logo das denuncias que apuntaban a unha mala ventilación
Xulgado de garda de Pontevedra. ADP
photo_camera Xulgado de garda de Pontevedra. ADP

A Xunta defendeu as condicións nas que se atopan as salas do xulgado de garda de Pontevedra logo da denuncia efectuada por Alternativas na Xustiza suposta falta de ventilación nas dependencias.

Nunha resposta facilitada aos medios tras o comunicado, a Administración autonómica sinala que o edificio xudicial antigo de Pontevedra conta con dez salas de vistas, mentres que o novo da Parda outras 16 que "están a disposición para o seu uso".

Así mesmo, sostén que existen outros seis espazos que ocupaban os xulgados de instrución antes do seu traslado ao novo edificio.

"Todos estes espazos foron acondicionados, contan con ventilación e as autoridades xudiciais poden dispor deles e organizar o seu uso para levar a cabo comparecencias, toma de declaracións e outras dilixencias".

A resposta prodúcese tras a denuncia de Alternativas na Xustiza, que denuncia problemas de ventilación no xulgado de garda de Pontevedra

Para rematar, aseguran que as dependencias do xulgado "contan con fiestras practicables" que garanten a correcta ventilación das salas.

A resposta prodúcese tras a denuncia de Alternativas na Xustiza, que denuncia problemas de ventilación no xulgado de garda de Pontevedra. Ademais, tachan de liliputiense e advirten das súas consecuencias en tempos de pandemia.

Por iso, solicita que se habilite no edificio da Parda un espazo dotado de ventilación e iluminación natural, para garantir a saúde laboral dos traballadores e do público en xeral.

Nun comunicado, esta organización critica que a Xunta "segue sen tomar as medidas imprescindibles xa reclamadas no seu día para resolver os problemas de ventilación no xulgado de garda".

Comentarios