sábado. 18.09.2021 |
El tiempo
sábado. 18.09.2021
El tiempo

A Xunta inviste 3,7 millóns en mellorar o bombeo cara á depuradora de Pontevedra


12,30 h.-     A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, presentará a actuación de mellora do saneamento que a Xunta está a impulsar na estación de bombeo de Cocheras. O punto de encontro será na explanada de acceso á EDAR dos Praceres. Haberá declaracións aos medios.
Da Silva e Vázquez, ante o plano do proxecto para a mellora do bombeo das augas residuais cara á depuradora de Pontevedra. GONZALO GARCÍA
Ethel Vázquez destaca que é unha das actuacións incluídas no plan de saneamento da ría

A Xunta de Galicia investirá 3,7 millóns de euros na mellora do bombeo das augas residuais cara á depuradora de Pontevedra, unha actuación que asegura que mellorará "substancialmente" o saneamento da ría.

Nun acto en Pontevedra, a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, presentou este mércores os detalles deste proxecto, que, segundo destacou, é unha das doce actuacións incluídas no plan de saneamento da ría de Pontevedra. O Executivo autonómico investirá 47 millóns de euros neste plan, para avanzar no saneamento integral dunha ría catalogada como "zona sensible" polas autoridades europeas.

Vázquez asegurou que a mellora do sistema de bombeo entre Cocheiras e Os Praceres permitirá, engadiu a titular de Infraestruturas no Goberno galego, "paliar" as consecuencias das "deficiencias" da rede municipal de saneamento pola entrada de auga procedente da choiva e do mar.

A Xunta aspira a iniciar a redacción do proxecto este ano e poder licitar as obras en 2022

Ademais, prevese evitar verteduras no fondo da ría que poidan afectar os bancos marisqueiros que hai na zona e a todas as demais actividades pesqueiras. O proxecto permitirá case triplicar a capacidade do sistema de bombeo actual, ao pasar de 600 litros por segundo ata os 1.600, segundo Ethel Vázquez. Para iso instalaranse ademais novas conducións con capacidade para asumir o caudal nas marxes da ría ou unha estrutura de desbaste para xestionar sólidos grosos, de forma que a auga residual que chegue á depuradora xa estea pretratada.

O obxectivo da Xunta é poder iniciar este ano a redacción do proxecto construtivo e estar en disposición de licitar as obras en 2022.

A esta actuación, Vázquez sumou a mellora que se está realizando na propia depuradora, cun orzamento de 16,5 millóns de euros e que está executada ao 40%, e as obras do novo emisario submarino que, por valor de 12 millóns, comezarán en maio.

A concelleira Carme da Silva valorou que se vaia a acometer a obra e confía en que supoña un "reinicio" da colaboración coa Xunta en materia de saneamento. Ao seu xuízo, esa será a forma "máis eficaz" de resolver os problemas de saneamento da ría de Pontevedra e poder contar cun sistema "integral" que funcione de xeito adecuado. 

A Xunta inviste 3,7 millóns en mellorar o bombeo cara á depuradora...
comentarios
ç