miércoles. 19.01.2022 |
El tiempo
miércoles. 19.01.2022
El tiempo

A Xunta mobiliza máis de 35 millóns de euros no Galicia Emprende

El salón de estética Vinci Esthétique Avancée. DP
O salón de estética Vinci Esthétique Avancée. DP
No 2021, destinaranse preto de 10 millóns a iniciativas da provincia de Pontevedra, que traerán a creación de 215 empregos

Un dos alicerces da Xunta de Galicia é o de apostar polo emprendemento como vía para a creación de emprego e a mellora da competitividade do tecido empresarial galego.

é por iso que a Vicepresidencia segunda e a Consellería de Educación, Empresa e Innovación, a través do Igape, impulsa cada ano distintos programas e liñas de actuación neste ámbito. Por exemplo, o Galicia Emprende ou o Galicia Rural Emprende. Dúas iniciativas que permitiron apoiar, nos últimos catro anos, máis de 350 proxectos emprendedores, mobilizando 35 millóns de euros, dos cales unha gran parte foron destinados á provincia de Pontevedra.

O Goberno autonómico ha apoiado, nos últimos catro anos, máis de 350 proxectos emprendedores en toda a comunidade

Entre eles destacan, por exemplo, a creación dunha clínica especializada en actividades pioneiras de estética e tratamentos de beleza, a posta en marcha dunha empresa de instalación de fluídos, eléctricas e electrónicas, unha nova residencia para persoas maiores e discapacitadas, ou o impulso de novas experiencias gastronómicas como un restaurante especializado en afumados.

VINCI. En Pontevedra son moitas as empresas que recibiron, ao longo dos últimos anos, algún tipo de axuda do programa Galicia Emprende.

Un exemplo é Vinci Esthétique Avancée España, un salón de beleza situado na rúa Cruz Gallástegui, en Pontevedra, e que recibiu unha subvención de 20.500 euros.

"Eu son de Pontevedra pero empecei un proxecto en Marrocos, en Casabranca, montando centros estéticos. Alí temos varios centros e un pequeno laboratorio con dous reactores químicos para a produción de cosmética. De aí, sendo español e galego, decidimos pegar o salto a Pontevedra, á nosa cidade, e abrimos un novo centro, coa última tecnoloxía", explica o dono do salón, Xullo Manuel Fernández Varela.

O salón de beleza Vinci Esthétique Avancée recibiu este ano máis de 20.000 euros grazas ao programa Galicia Emprende

No centro, que abriu as súas portas en setembro de 2019, levan a cabo "todo tipo de tratamentos, desde depilación láser ata tratamentos faciais e corporais de máis alto nivel".

A empresa decidiu solicitar a axuda de Galicia Emprende no ano 2020 e recibírona fai un par de meses. "Foi algo rápido relativamente, de feito eu pensei que ían tardar máis. Para nós esta axuda foi como un balón de osíxeno, sen dúbida é unha axuda moi importante á hora de abrir un novo negocio", afirma Fernández Varela.

"é importante ter aos nosos políticos axudándoche neste aspecto. Eu por exemplo noto moito a diferenza con Marrocos, que foi onde empezamos, porque alí senón tes pulmón económico, esquéceche. Aquí tes moitas máis axudas, unha delas é esta e, por suposto, que benvida sexa", engade o dono.

Neste caso, cada centro de Vinci Esthétique Avancée España "rolda os 130.000 euros", polo que a axuda de Galicia Emprende "supuxo sobre un 15% do investimento". é por iso que Xullo afirma que "non é un diñeiro vital, porque houbo moito activo propio e axuda bancaria, pero evidentemente foi unha axuda moi importante, porque todo suma".

O dono do salón de beleza recoñece que "foron moi estritos á hora de pedir a documentación, son moi rigorosos e esixentes, pero bo, tamén me parece ben para pór filtros, enténdoo e é lóxico".

Xullo recomenda ao resto de empresarios "que pidan este tipo de axudas, que vaian con asesorías profesionais para que poidan tramitar todo o papelorio", porque, sen dúbida, "é un paso complexo pero ao final é moi útil".

Convocatoria 2021
Apoio a 52 novos proxectos
A Xunta acaba de resolver a convocatoria do Galicia Emprende 2021. Nesta nova edición, o Goberno autonómica apoiará un total de 52 iniciativas empresariais, das que a metade, un total de 26, desenvolveranse na provincia de Pontevedra.

10 millóns de euros
Con estes novos proxectos emprendedores, a Xunta de Galicia mobilizará preto de 10 millóns de euros en Pontevedra, o que permitirá a creación de 215 novos postos de traballo en toda a provincia.

A través desta nova resolución, impulsaranse iniciativas empresariais en industrias moi diversas da economía galega. Entre elas, o sector servizos, as políticas sociais, a hostalería, o comercio ou a investigación.

Coworking
Ademais das iniciativas empresariais que o Goberno galego segue apoiando, a través do Igape, destacan tamén os novos espazos coworkings que a Xunta porá en marcha no primeiro trimestre do próximo ano.

En concreto, na provincia de Pontevedra lanzaranse dúas: un na comarca do Salnés e outro en Deza.

"Grazas a esta axuda puidemos saír á boia"

Geomati-k Enxeñería recibiu unha subvención de 18.000 euros do programa Galicia Emprende e, con ela, adquiriu equipos de topografía e cartografía

A empresa pontevedresa Geomati-k Enxeñería, situada na rúa Michelena, é outra das beneficiarias do programa Galicia Emprende.

"Esta é unha empresa de enxeñería na que sobre todo facemos servizos de topografía, cartografía, xestión catastral e geomática. Traballamos tanto para empresas como para particulares e administración pública", explica o seu propietario, Rubén Cifrián.

Reportaxe Galicia Emprende Fotos Geomatri k Ingenieria 3 Rua Michelena 11 Estan de 17 a 19h antes de ir chamádelles ao 653 22 79 24 Ruben Neste caso, Geomati-k Enxeñería abriu as súas portas no ano 2015 e recibiu a axuda dous anos máis tarde.

"Viñamos de traballar nunha empresa grande de máis de 200 persoas. Coa crise entrou en concurso de acredores e decidín abrir esta empresa en marzo de 2015. Estabamos momento de crise moi importante pero decidimos dar este paso e grazas a esta axuda puidemos saír aos poucos á boia", afirma o dono.

Esta empresa recibiu unha subvención de 18.000 euros, "unha axuda que para nós foi bastante grande", explica Rubén.

"Nós, para o noso traballo, necesitamos moitos equipos tecnolóxicos e a verdade é que para a adquisición deles veunos bastante ben a axuda".

"A empresa montámola con capital propio e todos sabemos o que custa montar unha empresa, porque aos soldos hai que sumar os equipos, que son moi caros. Estas axudas véñenche ben, sobre todo a pequenas empresas, para impulsarche un pouco", engade.

Estas axudas danche un impulso para adquirir algún equipo grande e diferenciarche así da competencia

Rubén Cifrián recoñece tamén que grazas a este tipo de subvencións, os negocios pequenos poden chegar a competir con outros de maior magnitude. "Estas axudas pódenche dar un impulso para poder adquirir algún equipo grande e diferenciarche así da competencia".

Neste sentido, o dono de Geomati-k Enxeñería tamén asegura que, no seu momento, o diñeiro veulles ben para pagar aos seus traballadores. "Os soldos son moi caros e isto axudounos moito no seu momento. Somos tres traballadores de persoal pero temos varios colaboradores, ata cinco ou seis externos".

Esta empresa pontevedresa calaborou recentemente na rehabilitación da Catedral de Santiago e tamén está detrás do estudo de medición que está a levar a cabo o Concello de Pontevedra no Convento de Santa Clara.

A Xunta mobiliza máis de 35 millóns de euros no Galicia Emprende
comentarios