A Xunta pide "sentidiño" para avanzar na desescalada na hostalería 

RAFA CASA ROMAN. Alfonso Rueda verifica las normas anticovid en restaurantes
photo_camera Alfonso Rueda, este venres, ante un restaurante en Pontevedra. RAFA FARIÑA

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, pediu este venres "sentidiño" para avanzar na desescalada da hostalería, nunha xornada na que se comezan a permitir ceas en restaurantes ata as 23.00 horas

"Estou seguro de que se as cousas seguen mellorando poderemos seguir avanzando, e a hostalería, aos poucos, volverá á situación de normalidade", afirmou. 

Nunha visita a Casa Román, en Pontevedra, sinalou que esta apertura para ceas é un "paso necesario" que se dá grazas á "responsabilidade" da "inmensa maioría dos galegos" desde que volveu funcionar a hostalería. 

Igualmente, recordou que os restaurantes teñen unha semana de prazo para a instalación dos medidores de CO2. É unha das medidas que teñen que adoptar os restaurantes para as ceas, como o rexistro de comensais, entre outras.