A Xunta promociona o ticket dixital no comercio local

Sol Vázquez informa sobre o programa Comercio 360, que aboga por incentivar a dixitalización, a economía circular e o produto local

Pontevedreses paseando por Benito Corbal. RAFA FARIÑA
photo_camera Pontevedreses paseando por la llamada 'Milla de oro' pontevedresa. RAFA FARIÑA

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez –na imaxe inferior–, informou este martes en Pontevedra sobre a nova iniciativa Comercio 360, coa que a Xunta pretende dar un pulo a este sector mellorando a súa competitividade e a súa modernización a través da dixitalización, a economía circular e o produto local.

Sol Vázquez. JOSÉ LUIZ OUBIÑATal e como explicou a directora xeral aos comerciantes, as novas medidas, que se poñerán en marcha a partir deste mes, pretenden dar resposta ás demandas dos clientes, anticipándose ás súas necesidades, e adecuarse aos novos hábitos que se teñen detectado no eido comercial.

Segundo indicou, neste primeiro exercicio destinaranse 5,7 millóns de euros para poñer en funcionamento medidas de sensibilización, axudas para a "ecoinnovación" e laboratorios comerciais. Concretamente, o programa de actividades contempla a realización de xornadas e a análise de casos de éxito, así como a posta en marcha dun espazo web específico. Ademais, inclúe unha liña de axudas para impulsar a economía circular e a sustentabilidade no comercio, na que se contempla a adhesión á plataforma do tícket dixital, que permite aos clientes e comercios coñecer o estado e garantía das súas compras ou vendas evitando a perda ou deterioro do tícket tradicional e minimizando o uso do papel.

Ao mesmo tempo, a Consellería promocionará os ecoenvases realizados con materiais cen por cen biodegradables, e a implantación dos proxectos de economía circular que fomenten a reciclaxe e os produtos ecolóxicos. Outra das novidades será a creación de sete laboratorios comerciais nas principais cidades galegas para asesorar e impulsar o Comercio 360, achegando aos interesados servizos personalizados de mentoring, comunicación e publicidade, marketing intelligence ou mellora da xestión, entre outros.

Os tres obxectivos prioritarios do programa son: lograr que 10.000 comercios galegos se sumen á estratexia 360, que máis de 1000 establecementos se beneficien dos servizos de asesoramento, e que 5.000 comercios incorporen a aposta pola sustentabilidade e o tícket dixital.

Comentarios