A Xunta reduce nun 60% o caudal do Lérez concedido a la planta de Lourizán

Baixa dos 1,5 metros cúbicos por segundo aos 0,6 para adecualo ao consumo da pasteira ► Insta ao Concello a resolver as irregularidades do Pontillón, "que carece de concesión"
Biofábrica de Ence en Pontevedra
photo_camera Biofábrica de Ence en Pontevedra. DP

A Xunta anunciou onte que vén de actualizar o caudal do Lérez que ten por concesión a fábrica de Ence, reducíndoo nun 60%. A medida foi comunicada onte pola directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, nunha comisión do Parlamento de Galicia, onde avanzou que as condicións fixadas para esta concesión complementaranse con outras novas establecidas unha recente modificación concesional.

A directora indicou que os datos recompilados de consumos reais de auga da planta, froito da auditoría requirida a Ence desde Augas de Galicia, conclúen que as instalacións teñen un consumo máximo de 0,55 m3/segundo. Isto deu lugar á modificación das características da concesión, que foi tramitada "co fin de axustar o caudal ás necesidades reais de consumo de auga de Ence", sinalaron distintas fontes oficiais do organismo autonómico.

Cambio climático. A directora de Augas de Galicia informou de que a tramitación rematou cunha nova resolución de modificación concesional, que establece unha redución do caudal para a concesión de 0,6 m3/segundo, fronte aos 1,5 m3/segundo que tiña previamente outorgados.

Segundo engadiu, esta modificación é unha das actuacións adoptadas e promovidas nos últimos anos desde Augas de Galicia, motivada pola "preocupación constante por garantir a subministración da auga e por facer un uso responsable da mesma, ante as evidencias do cambio climático". Nesta liña de traballo, lembrou que a Xunta tamén impulsou a Lei de garantía de abastecemento nos episodios de seca e en situación de risco sanitario.

Na súa intervención fixo tamén fincapé nas medidas que establece esta Lei para controlar a auga que se capta e que se subministra, así como para a redución dos volumes das perdas. Ademais, apelou á necesidade de que as empresas e os concellos adopten medidas de control para a redución do consumo innecesario e para a eficiencia na xestión.

Pontillón do Castro. Neste contexto, Teresa Gutiérrez se referiu á situación do Concello de Pontevedra no relativo á captación de auga do embalse de Pontillón de Castro. "Carece de concesión, o que representa unha irregularidade desde o punto de vista da Lei de Augas", precisou.

Fiado con isto, incidiu na falta de resposta por parte de moitos concellos aos requirimentos feitos por Augas de Galicia para que realicen auditorías e plans de actuación sobre as perdas das redes de abastecemento.

Segundo concretou, a día de hoxe, das 45 administracións que responderon a Augas de Galicia, unicamente 22 contaban con información sobre perdas e que o volume medio das fugas sitúase no 39,75%.

Un encoro clave en Pontevedra con cerca de 82 anos de historia
Fontes municipais indicaron onte que o proxecto do embalse do Pontillón comenzou a súa andaina no ano 1940 e que as obras de abastecemento dende o embalse ata a cidade capitalina finalizaron en 1956, época na que non existían concesións para este tipo de equipamentos.

Para épocas de seca

O encoro do Pontillón do Castro, que recibe auga do río Rons e doutros regatos da zona, está situado na parroquia de Verducido e abastece de agua potable á cidade de Pontevedra en épocas de sequía. O subministro habitual de auga faise dende o Lérez.

No momento da súa execución, trala proxección da obra, este tipo de infraestructuras non requerían de concesión e, desde entón, a rede non deixou de funcionar.

En xaneiro deste ano, o Concello inaugurou a mellora do entorno do encoro, con 4,5 kilómetros dun sendeiro que bordea ao recinto. Estas obras supuxeron a primeira gran mellora do parque aberto hai pouco máis de dez anos.

Comentarios