sábado. 05.12.2020 |
El tiempo
sábado. 05.12.2020
El tiempo

"Xuntos podemos acadar unha cidade sen barreiras sensoriais e cognitivas"

Imagen de la última sesión de PonteSan. GONZALO GARCÍA
Imagen de la última sesión de PonteSan. GONZALO GARCÍA
Os colectivos participantes na I Feira da Saúde e do Benestar de Pontevedra pechan a edición coa lectura dun manifesto en defensa da inclusión, a vida activa e a diversidade

A I Feira da Saúde e o Benestar rematou este domingo en Pontevedra nun formato distinto ao previsto por causa da pandemia, centrado na importancia da vida activa nestes tempos que corren.

"Xuntos podemos acadar unha cidade sen barreiras, non só sen barreiras arquitectónicas, senón tamén sen barreiras sensoriais e cognitivas. Porque contamos cun gran número de asociacións sociosanitarias que colaboran tanto dentro do ámbito da saúde, como en programas de vida activa e saudable e nos tratamentos e diagnósticos de xente con doenzas". Así comezou o manifesto asinado por tódalas asociacións participantes que foi lido por Miguel Pérez Fernández (Xuntos) na clausura, e que destacou que "o coñecemento das distintas patoloxías implica unha inclusión de todos. Queremos que poidan contar coas ferramentas axeitadas para levar a cabo as súas actividades, que prestan grazas ao traballo tanto de persoas usuarias que coñecen perfectamente as diversas enfermidades e discapacidades como de profesionais altamente cualificados".

Imagen de la última sesión de PonteSan. GONZALO GARCÍA
Miguel Pérez Fernández, durante a lectura do manifesto. GONZALO GARCÍA
 

A I Feira da Saúde PonteSan naceu co obxectivo de converterse nunha canle de visibilización de diferentes capacidades, das enfermidades e dos seus tratamentos, "onde se aúnen os esforzos das administracións para axudarnos", destacaron os colectivos participantes que agardan que "a Feira da Saúde chegue para quedar, converterse en altofalante das nosas asociacións sociosanitarias e, por que non, transformarse pronto na Semana da Saúde e o Benestar".

A carpa instalada na Praza de España serviu para o desenvolvemento de toda clase de actividades que captaron a atención de ducias de visitantes, que onte puideron desfrutar do ioga, a percuterapia ou o pilates adaptado. A importancia da vacina contra a gripe, a prevención de enfermidades e a covid-19 tamén estiveron sobre a mesa durante toda a fin de semana.

"Xuntos podemos acadar unha cidade sen barreiras sensoriais e...
comentarios