Alicia González e José Varela, elixidos Miss e Míster Terceira Idade

Case medio centenar de maiores participou no certame celebrado en Melide
Premiados en el concurso de Miss y Míster Tercera Edad de Galicia, este domingo en Melide
photo_camera Premiados en el concurso de Miss y Míster Tercera Edad de Galicia, este domingo en Melide

A coruñesa Alicia González e José Varela Vázquez foron elixidos este domingo Miss e Míster da Terceira Idade de Galicia, no transcurso dunha festa celebrada en Melide e que encheu o Cantón de San Roque con máis dun milleiro de persoas procedentes de toda Galicia. 

As actividades arrincaron ás 12.30 horas, cunha degustación gratuíta de melindres e outros produtos de repostería típicos do concello e, media hora máis tarde, houbo un torneo de pasodobres. 

O certame de Miss e Míster Galicia para maiores de 60 anos celebrouse pola tarde, coa participación dun total de 45 persoas, das que 30 foron mulleres e só 15 homes. 

Entre as mulleres, ademais da coruñesa Alicia González, elixida Miss Galicia, foron galardoadas Jesusa Monteira, dos Maios, como Miss Simpatía; Graciela Damico Castriyón, como Miss Beleza; a coruñesa Rosalía Torres, como Miss Verán; Marisa Márquez, como Miss Fotoxenia; Alicia Torres Estrada, como Miss Marchosa e Concepción Quintas López, de Melide, como Miss Elegancia. 

Polo que se refire aos homes, ademais de José Varela, foron elixidos Alfonso Pérez, como Míster Marchoso; Manuel Vázquez, de Palas de Rei, como Míster Elegante; Manuel Mosquera, como Míster Simpático e Rogelio Roca, como Míster Guapo.

Comentarios