Anne Igartiburu, Jordi Cruz e Pepe Rodríguez darán as badaladas en TVE

A presentadora cumpre con esta edición doce anos consecutivos despedindo o ano na cadea pública
Pepe Rodríguez, Anne Igartiburu y Jordi Cruz
photo_camera Pepe Rodríguez, Anne Igartiburu y Jordi Cruz

A presentadora Anne Igartiburu e os cociñeiros Jordi Cruz e Pepe Rodríguez serán os encargados de dar a benvida a 2017 en Televisión Española, segundo informou RTVE.

A presentadora de Corazón, que cumpre con esta edición doce anos consecutivos transmitindo en directo as badaladas para TVE, estará acompañada o próximo 31 de decembro na Porta do Sol polos xurados de MasterChef, con quen xa compartiu a entrada a 2014.

A retransmisión das badaladas, como engadiu RTVE, será unha das "citas imprescindibles" do Nadal en Televisión Española, que está prepara unha programación especial para celebrar as festas.

Ademais, ás tradicionais citas co sorteo da Lotería, a Mensaxe do Rei, a Cabalgata de Reyes e o Concerto de Ano Novo, sumaranse especiais de música con Dani Martín e Miguel Bosé; o especial fin de ano con José Mota, e ¡Feliz 2017! con Eva González e Santiago Segura. 

Comentarios