Así é 'Hoy soñaré', a canción que defenderá Sabela para ir a Eurovision

A pontesa interpretará este domingo unha balada nunha gala da que sairá o representante de España para ir ao festival

Sabela. JOSÉ IRUN
photo_camera Sabela. JOSÉ IRUN

A pontesa Sabela defenderá a canción Hoy soñaré, que se deu a coñecer na súa versión íntegra este xoves a través da web de RTVE. Esta é a proposta da cantante para ir ao festival de Eurovisión, unha balada con subidas e baixadas de intensidade e unha atmosfera mística .

A cuarta clasificada e finalista do concurso Operación Triunfo competirá o vindeiro domingo con outros compañeiros do concurso para gañarse o dereito a representar a España no mítico certame da canción.

Polo momento todo apunta a Muérdeme, unha canción trap de María, é a favorita para acudir ao festival, pero haberá que esperar a ver que pasa o domingo.

Comentarios