Os Beckham sepáranse

Aínda que as primeiras informacións falan dun distanciamento provisional, hai quen fala xa de divoricio
Victoria y David Beckham.AEP
photo_camera Vitoria e David Beckham.AEP

David e Vitoria Beckham vivirán separados, polo menos durante unha tempada, segundo desvelou o diario británico Closer.

Segundo as primeiras informacións non se trataría dunha ruptura amorosa, dado que David iríase a vivir a Miami para envorcarse co proxecto do Inter, o club de fútbol que fundou nesta cidade, mentres que a ex Spice Girl, quedaría en Londres para atender aos seus negocios e, supostamente, dos seus fillos.

A pesar de que un un principio esta separación anunciouse como algo temporal, xa hai rumores que apuntan a que a parella, que pasou o confinamento na súa casa de campo de Cotswolds, estaría a pasar por un mal momento e que o David deulle un ultimato á súa esposa para marchar definitivamente a Miami. Segundo estas hipóteses, que falan dun próximo divorcio, esta díxolle que nin ela nin os seus fillos ían cruzar o charco nunha etapa moi importante na educación dos pequenos.

 
 
 
 
<>
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Another day , another walk & another hat ð???<>

Unha publicación compartida da David Beckhamdavidbeckham)> o 13 Jun, 2020 ás 7:46 PDT

Por outra banda, ante os rumores, o exfutbolista colgou unha foto en Instagram na que se lle ve vestido de campesiño nun prado, xunto a unha enigmática mensaxe. "Outro día, outro camiño, outro chapeu". ¿Asumirá con iso o dono do Inter de Miami un novo camiño en solitario? O tempo dirao.

Comentarios