Bloquean a conta de Twitch de Ibai Llanos polo xesto dun invitado

Ibai Llanos. TWITTER
photo_camera Ibai Llanos. TWITTER

Ibai Llanos foi castigado polos responsables da plataforma de transmisións en vivo Twitch, que lle bloquearon a súa conta por un xesto dun dos seus invitados, que participaba nun concurso de rap retransmitido en directo polo streamer.

"O que estivo no directo xa o puido ver. Durante as batallas do finde un dos rapaces ensinou o cu nunha rima de calvos. Gritei desesperadamente un 'NOOOON' mentres se daba a volta pero non puiden evitalo", sinala Ibai a través da súa conta de Twitter.

Ese xesto vaille a custar a Ibai non poder emitir en Twitch durante un tempo, dependendo da gravidade da infracción ou das veces que fose bloqueado con anterioridade. Esta é a terceira vez que pechan temporalmente a conta ao streamer bilbaíno.

"As tres veces que me banearon foi por tres cousas totalmente externas a min. Non hai contexto que valla, a xente ten o poder de banearvos en Twitch se lles sae dos collóns. Tede coidado con quen invitades ás vosas canles. Isto é a xungla. Cóidense", apuntaba tamén en Twitter.

As novas políticas e normativas de Twitch para 2021 son, precisamente, que os usuarios tomen certas medidas e coiden mellor as súas palabras e actitudes, xa que, segundo a plataforma, "é plena responsabilidade dos creadores e á súa vez teñen que ter moi en conta as consecuencias das súas palabras e accións nas súas audiencias".

Comentarios