Carbonero fala por vez primeira do seu bebé

A presentadora Sara Carbonero publicou hoxe no blog que escribe para a revista Elle un post dedicado á súa recente maternidade e no que comparte unha nova foto da súa cativo, Martín Casillas. "Non sabedes as ganas que tiña de compartir convosco este momento. O momento máis bonito e importante da miña vida. Non sabedes as ganas que tiña de darvos as grazas a todos e cada un polas vosas felicitacións, o voso agarimo e os vosos bos desexos para Martí", comenta Carbonero, engadindo que a chegada do pequeno puxo patas para arriba a súa vida, "dándolle sentido a todo e cambiando radicalmente a miña orde de prioridades, recordándome o que de verdade é importante e esencial".

Comentarios