David Amor pídelle a unha aerolínea a inclusión do galego

O actor pontevedrés reivindica que "nós tamén viaxamos"

David Amor. DP
photo_camera David Amor. DP

O actor e humorista David Amor botou man da súa conta de Twitter para unirse á loita pola normalización lingüística do galego. 

O pontevedrés dirixiuse á aerolínea Ryanair sen  "facer drama nin nada polo estilo" para preguntarlles pola exclusión do idioma.

"Resúltame curioso, que cando me subo ao voso avión, a benvida está en castelán, eúscaro, catalán, ademais doutros idiomas, pero en galego non", escribía na rede social na que reivindicou que "nós tamén viaxamos".

Comentarios