O piloto Dani Pedrosa aparece na lista de morosos con hacienda publicada este mércores cunha débeda de 7,85 millóns, así como outros personaxes do deporte como o exfutbolista do Zaragoza e do Barcelona Gabi Milito (1,83 millóns de débeda) ou o expresidente do Real Madrid Lorenzo Sanz (1,36 millóns). O galego Mario Conde, pola súa banda, debe 10 millóns.
Na lista de morosos da Axencia Tributaria inclúese o importe conxunto das débedas e sancións superiores a un millón de euros do contribuínte, pendentes de pago a 31 de xullo de 2015, e que non estean aprazadas ou suspendidas por calquera motivo legalmente previsto.
Ademais, aparecen históricos equipos de fútbol como o Recreativo de Huelva (cunha débeda de 11,12 millóns), o Murcia (10,66 millóns) e o Racing de Santander (8,99 millóns).
►Máis información, nuns minutos◄