Descobre os mellores disfraces para este Entroido

Deixámosche unha lista con algunhas das mellores ideas para esta festividade
Disfraz de Satisfyer. EP
photo_camera Disfrace de Satisfyer. EP

O Entroido xa asoma tras a costa de xaneiro e é probable que ti, a túa familia, parella ou cuadrilla de amigos xa empezárades a tramar plans sobre posibles disfraces.

Desde Diario de Pontevedra pensamos en que podemos ser de axuda na túa ardua misión por atopar o disfrace perfecto para esta festividade. é por iso que elaboramos unha pequena lista na que poderás atopar varias ideas coas que asombrar a todo o mundo.

Os máis orixinais
A todos gústanos sentirnos especiais e diferentes en eventos deste tipo, non levar o mesmo que o resto e presentarnos como unha mente privilexiada do disfrace.

Neste ámbito podemos atopar o disfrace de Benedicta Sánchez. A actriz do Corgo recentemente premiada co Goya que vai atopar moitos imitadores durante o Entroido, facendo aínda máis patente o éxito de O que arde.

Outra das ideas que máis chamou a atención e que empeza a escoitarse en certos círculos é a da narcosubmarino. Tras algunha que outra procura en Internet atopamos que as versións dispoñibles son demasiado tenras, así que haberá que tirar de enxeño e edición.

Narcosubmarino. AMAZON

Para rematar neste apartado temos que mencionar un disfrace divertido e relacionado coa monarquía. A posible chegada de Don Juan Carlos I a Sanxenxo abre a posibilidade de renovar esta vestimenta que seguro que xa viches en máis dunha ocasión, pero que agora cobra unha dimensión especial.

Os máis demandados
Se a orixinalidade non che convence e queres unha aposta segura, a continuación ofrecémosche os disfraces máis demandados este Entroido.

O disfrace máis reclamado é sen dúbida o de Satisfyer. A chegada deste obxecto ás nosas vidas foi unha auténtica revolución e nunha festividade onde reina o humor será o protagonista (en ocasións acompañado por un disfrace de vagina).

Disfrace de Satisfyer. AMAZON

En Entroido tamén terán presenza os relacionados con series e cine. é o caso de em <>A Casa de Papel, Cara a cara ou O Joker.

Unha tendencia que marcará o evento en 2020 é a de disfraces híbridos, nos que animais, seres fantásticos e todo tipo de entes formarán parte de nós.

Os máis atrevidos
Nesta categoría non nos deteremos demasiado xa que como din, o importante é suxerir

Un xenio cunha lámpada á altura da cintura, unha vixiante da praia cuns potentes pectorales, ou un boxeador que lle bota ovos ao asunto preséntanse como alternativas divertidas.

Disfrace de xenio. AMAZON

Clásicos
Hai disfraces que nunca fallan nin pasan de moda. Acordámonos de saír de festa a última hora, non temos tempo para elaborar nada novo ou simplemente non nos apetece. É entón cando acudimos ao noso armario e atopamos ese disfrace que foi usado durante xeracións en Entroido.

Pedro Picapiedra, o vaqueiro, o pirata, o indio, a enfermeira ou Xesucristo poden ser o noso roto para un descosido.

Disfrace relixioso. AMAZON

Outra opción sinxela que se repite ano tras ano é a política. Vestimentas sinxelas que nos permiten ser Abel Caballero, Pablo Iglesias ou Santiago Abascal de forma rápida e sinxela.

Parellas, familias e nenos
Sen caer en tópicos empalagosos ou moi repetidos, queremos presentar opcións ás que acudir este Entroido. 

Para parella recomendamos o gracioso señor e señora Pataca. Mentres que para as familias, o conxunto de Buscando a Wally ten pinta de triunfar.

Disfrace Pataca. AMAZON

En canto aos nenos, parece que Frozen e Spiderman serán os máis demandados.

Comentarios