Diario de Pontevedra protagoniza o quinto capítulo de 'Tal como somos'

Neste episodio do programa farase un percorrido pola radio e a prensa galegas, dende as súas aparicións ata o período actual
Un hombre lee Diario de Pontevedra. RAFA FARIÑA
photo_camera Un hombre lee Diario de Pontevedra. RAFA FARIÑA

O quinto capítulo da segunda temporada do programa Tal como somos, que emite a Televisión de Galicia este sábado as 20.05 horas, terá como un dos seus protagonistas a Diario de Pontevedra. Esta serie de documentais fai un repaso pola historia de Galicia dende diferentes sectores como a industria, o comercio, as festas ou as artes, vendo os cambios producidos e como se constrúe o futuro.

Neste capítulo farase un percorrido pola radio e a prensa galegas, dende as súas aparicións ata o período actual, onde o tradicional convive coa expansión do dixital. Diario de Pontevedra, nacido no 1889, é un exemplo da evolución dos medios de comunicación.

Coñeceremos con imaxes o período no que este xornal creou unha cooperativa de traballadores prácticamente única a nivel mundial e as formas de traballar moi diferentes en moitos aspectos as que se están a desenvolver na actualidade.

Sipnose

En 1800 publícase o primeiro xornal en Galicia. Nos anos 30 do século pasado chegan as emisoras de radio. E pola televisión houbo que esperar ata 1961. Nestes 200 anos a evolución foi meteórica, especialmente tras a aparición das novas tecnoloxías nos 90 e principios do século XXI.

Este período recente veu acompañado dunha das máis grandes revolucións polas que atravesou ao longo da súa historia a comunicación. A era dixital fixo a súa presenza para achegar a información aos cidadáns con novos formatos. E tamén mudou a maneira de facer xornalismo.

Moitas veces se falou da "morte" da radio ou dos xornais de papel, pero manteñen un bo número de oíntes e lectores fieis polo que poden afrontar o futuro próximo con optimismo.

Comentarios