Durante as Letras Galegas Gadisa editará 25.000 libros da obra de Lois Pereiro, 'Cociñando ao pé da letra'

O director de Comunicación de Gadisa, José Luis Fernández Astray, e o director de Marketing, Antonio Cortés, presentaron as accións culturais para conmemorar o Día das Letras Galegas nun acto no que interviron o xornalista Xosé Manuel Pereiro, irmán de Lois Pereiro; a escritora Yolanda Castaño e a fotógrafa Andrea Costas.

Así, tense previsto repartir 2 millóns de bolsas co poema do homenaxeado, así como a edición de 25.000 exemplares dun orixinal seu, onde se vincula a literatura coa cociña. Esta iniciativa, que se leva adiante tódolos anos debido a boa acollida por parte dos clientes, prentende contribuír o recoñecemento da obra de Lois Pereiro. Deste xeito, o poema elixido para contribuir neste boa causa, é Transmigración.

Cociñando ao pé da letra, do que son coeditoras a poeta Yolanda Castaño e a fotógrafa Andrea Costas, recolle a interpretación, que fan 21 escritores e escritoras, das súas receitas de cociña favoritas a través de contos, poemas e diálogos teatrais.

Este ano, como novidade, a parte da difundila obra nos supermercados Gadis de A Coruña, Santiago e Vigo, tamén se lerá o poema Entre amigos.

Por outra parte, Gadisa, nestes últimos nove anos desenrolou unha importante actividade no fomento da lingua e literatura galegas, edtiando así,145.000 libros dirixidos a diferentes públicos ó fío do Día das Letras Galegas.

Comentarios