O camiño peonil da Ribeira Sacra abre tras as obras de acondicionamento

O camiño natural da Ribeira Sacra, un conxunto de rutas de 41 quilómetros situado entre as provincias de Ourense e Lugo, foi aberto tras obras de mellora e mantemento, informou este mércores o Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño.

As obras incluíron a limpeza do carreiro e das cunetas, a eliminación de fochancas do camiño, a instalación de balaustradas, pilones e novos sinais, cun investimento lixeiramente superior a 200.000 euros, segundo un comunicado de prensa do Ministerio.

O camiño da Ribeira Sacra, entre os ríos Sil e Miño, contén unha rica biodiversidade e beleza natural, ademais dalgúns monumentos relixiosos católicos.

A rehabilitación desta ruta natural forma parte do programa de acondicionamento de camiños naturais, incluído nn plan español para a dinamización da economía e o emprego, que desde 2009 contribuíu a mellorar 25 camiños do norte de España.

Comentarios