O grovense Javier Veiga casa coa actriz Marta Hazas en Santander

O actor e director galego contraeu matrimonio cunha das protagonistas de 'Velvet'
María Hazas y Javier Veiga
photo_camera María Hazas y Javier Veiga

O actor, cómico e director Javier Veiga contraeu matrimonio este fin de semana en Santander, de onde é natural a súa xa muller, a actriz Marta Hazas.

O grovense de 43 anos, que se deu a coñecer a toda España a principios da pasada década como presentador do club da comedia, e a súa parella elixiron o Palacio da Magdalena para celebrar a súa voda, á que acudiron numerosos artistas, como o tamén galego David Amor, integrante do elenco de Gym Tony, que dirixe Javier Veiga, ou as compañeiras de Hazas en Velvet Paula Echevarría ou Cecilia Freire.

A actriz elixiu un vestido do deseñador Jorge Vázquez mentres que o galego levou un chaqué de Felix Ramiro. Ademais, ela chegou ao espectacular enclave, con vistas ao Cantábrico, a bordo dun convertible, ao máis puro estilo Velvet.

Comentarios