O Intecmar acolle unha xornada sobre o control de biotoxinas

O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) acollerá desde este luns unha xornada do programa de seguimento de biotoxinas mariñas segundo a regulamentación europea.

O curso desenvólvese desde o día 8 no Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía e finalizará o 24 de xuño.

O obxectivo é difundir o coñecemento sobre poboacións de algas nocivas e o control de biotoxinas mariñas a nivel internacional, especialmente entre estudiosos de países en vías de desenvolvemento.

Participan no curso 12 persoas, que traballan en departamentos universitarios e centros de investigación dedicados ao seguimento e control do fitoplancto tóxico e biotoxinas mariñas de Brasil, Chile, Uruguai, Cuba, México e Perú.

Comentarios