O mundo apágase contra o cambio climático

Por cuarto ano consecutivo, o Foro Mundial para a Natureza (WWF) realiza un chamamento internacional para participar na 'Hora do Planeta', sesenta minutos nos monumentos, edificios públicos e particulares quedarán sion luz para chamar a atención sobre o cambio climático.

Esa hora será entre as 20:30 e as 21:30 deste sábado e na actual convocatoria espérase un éxito de participación, prevéndose que sexan uns 120 países os que secunden esta convocatoria.

A nivel estatal, son unhas 180 cidades as que se somen, aínda que se espera que haxa máis adhesións. A Alhambra, a Porta de Alcalá, a Sacra Familia... estes históricos edificios e máis quedarán ás escuras durante a tarde deste sábado.

Tamén varios equipos de fútbol mostraron o seu apoio á iniciativa de WWF. Estadios como o Santiago Bernabeu, o Vicente Calderón ou o Sánchez Pizjuán tamén manterán apagadas as súas luces durante a 'Hora do Planeta'.

Sete concellos galegos
Por suposto, Galicia tamén se adhire á proposta e en principio serán 7 os concellos que apagarán as luces dos edificios públicos: A Coruña, Lugo, Pontevedra, Ourense, Vigo, Oleiros e Sarria.

E non só se irá a luz nos edificios públicos. A escuridade tamén chegará ao once paradores nacionais de Galicia, e tamén anunciaron a súa participación a Federación Galega de Confrarías e a entidade bancaria Caixa Galicia.

Dunha cidade a 120 países
A iniciativa de WWF naceu no ano 2007 e, aínda que nos últimos anos estendeuse por todo o mundo, a súa orixe estivo enfocado nunha sóla cidade e nun só país. O lugar escollido fora a cidade australiana de Sydney.

Con todo, en 2009 xa eran 6.000 as cidades que se sumaron á chamada da 'Hora do Planeta' e un mil millóns de persoas os que se sumaron a este xesto simbólico. Este ano espérase que participen unhas 40.000 cidades e que se superen amplamente as cifras do ano pasado.

Comentarios