Tras un sábado chuvioso, un domingo de sol

As temperaturas ascenderán de forma considerable durante o día

As intensas choivas caídas durante os últimos días comezan a remitir este fin de semana. Será o domingo cando os ceos se despexen para dar paso a un día moi asollado e con temperaturas que subirán de forma considerable. Segundo os meteorólogos, "a atmosfera estabilízase" pola influencia dun anticiclón. Haberá choivas dispersas este sábado, aínda que a partir do domingo, as precipitacións irán diminuíndo apreciablemente ata desaparecer por completo a comezo da próxima semana.

En canto ás temperaturas, ao longo dos próximos días subirán de forma considerable, entre 4 e 6 graos dependendo das zonas. Os termómetros subirán especialmente o domingo durante o día, aínda que pola noite poden chegar incluso a baixar unhas décimas.

A partir da próxima semana, predominará o ceo pouco nubrado ou despexado na comunidade. Para luns e martes, as temperaturas manterán un ascenso xeralizado, pero a partir do mércores e o xoves existe a probabilidade de que se produzan chuvascos e tormentas.

Comentarios