Martes. 18.09.2018 |
El tiempo
Martes. 18.09.2018
El tiempo

Xa están aquí os 'pisos colmea': vivendas de 2,6 metros por 200 euros ao mes

Dúas imaxes dos polémicos pisos colmea
Dúas imaxes dos polémicos pisos colmea

Os promotores aseguran que buscan axudar a persoas en dificultades económicas

A empresa Haibu 4.0 ofrece habitáculos no primeiro piso colmea de Barcelona por 200 euros ao mes, segundo informaba este mércores elnacional.cat. A compañía, que se quere constituír como unha fundación, anunciou corenta prazas libres na capital catalá en diferentes colmeas, que é como se chaman os habitáculos unipersonais de 2,6 metros cadrados —1,2 metros de alto e ancho e 2,2 de longo— con cama, mesa, andel e un baúl que se amontoan repartidos nunha habitación.

Este tipo de aloxamentos son comúns en Xapón, explicou o xerente da compañía, Marc Oliver. O prezo do aluguer inclúe as subministracións de auga, electricidade, a limpeza, internet, o mantemento e os contratos teñen unha duración máxima dun ano.

Uns 600 barceloneses xa solicitaron ser os residentes dun habitáculo de Haibu.

O sistema, segundo Oliver, está pensado para "axudar a persoas a saír de malas situacións económicas". Os requisitos que a compañía pide aos residentes son que sexan persoas de entre 25 e 45 anos, cunha nómina mínima de 450 euros e sen antecedentes penais. O baño, a cociña e a sala de estar son comunitarios nunhas residencias que, segundo os cálculos de Haibu, poden aloxar a 15 persoas por cada 100 metros cadrados.

VETO. Os pisos colmea "nunca terán licenza municipal", asegurou o Concello de Barcelona en declaracións a elnacional. cat. Tanto a tenente de alcalde de Urbanismo, Janet Sanz, como o concelleiro de Vivenda Josep Maria Montaner remitíronse á normativa de vivenda para remarcar que este habitáculo non "cumpre as normas nin a dignidade", subliñou Sanz.

O Concello barcelonés asegurou que non recibiu ningunha solicitude de licenza para vivendas destas características. "Nin hai nada sobre a mesa, nin pode haber nada", sentenciou Janet Sanz.

Xa están aquí os 'pisos colmea': vivendas de 2,6 metros por 200...
Comentarios