Expertos de distintos países estudan en Oia avances no control de toxinas mariñas

Uns 130 expertos de distintos países de Europa, Estados Unidos, Canadá ou Xapón estudan no municipio pontevedrés de Oia posibles alternativas para mellorar a detección e o control das toxinas mariñas.

Os especialistas asisten á segunda edición do congreso Marine and Freshwater Toxins Analysis, organizado pola asociación estadounidense AOAC Internacional e que se prolongará ata o vindeiro xoves, informou a citada institución nun comunicado.

O obxectivo desta reunión é intercambiar información e experiencias ao obxecto de mellorar a detección de compostos daniños e de toxinas emerxentes, así como profundar nas metodoloxías analíticas que se están desenvolvendo como alternativas ao bioensaio con ratos.

España é o primeiro produtor de moluscos da Unión Europea e particularmente a costa galega que achega o 95 por cento desa produción.

Segundo o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, o desenvolvemento e validación de novos métodos para a detección de toxinas é crucial para evitar os graves danos poden ocasionar tanto ao medio ambiente como ao consumidor e á economía do sector.

A apertura do congreso asistiu tamén o presidente da Axencia española de seguridade alimentaria e nutrición, Roberto Saborido, quen avogou por axuntar esforzos entre as distintas administracións co "fin de evitar as grandes perdas económicas que poden chegar a causar as toxinas e pola importancia que teñen as analíticas na súa detección".

Comentarios