Falece o exmembro do grupo 'Locomía' Frank Romero dunha infección

Ademais da súa faceta musical, traballou como actor en series e películas e rexentaba unha escola de arte dramático en Huelva

Frank Blanco. Twitter (@iamfrankromero)
photo_camera Frank Romero Twitter (@iamfrankromero)

O artista Frank Romero, exmembro nos últimos anos do grupo Locomía, e actor, guionista e presentador, faleceu este luns en Huelva por mor dunha infección. 

O seu representante, Paco San José, confirmou a Europa Press a noticia do falecemento de Romero, que rexentou durante os últimos anos unha escola de arte dramático en Huelva. 

Na súa faceta de actor participou nas series de televisión Vidas cruzadas ou Arrayán, ademais de en varias películas, aínda que unha das súas facetas máis coñecidas foi cando formou parte do grupo Locomía nos anos 90. 

Está previsto que o enterro teña lugar o martes 17 de xullo na súa cidade natal. Precisamente hai un mes faleceu o que fose membro da primeira formación de LocomíaSantos Blanco, aos 46 anos. 

Comentarios