Google presenta unhas lentes que substituirán calquera pantalla

O xigante Google acaba de presentar as Google Glass, un novo e revolucionario produto, controlado pola voz e en formato de lentes, que permitirá ao usuario realizar accións que van desde consultar a hora ata de gravar o que ve e compartilo a tempo real, pasando por guiarse co seu GPS ou facer calquera tipo de xestión a través de Internet.

O dispositivo sairá á venda este ano e comercializarase nas tendas de Google que a compañía planea construír en EE UU. Tamén se anunciou que se prevé que o seu prezo oscile entre os 500 e os 1.000 euros.

Con esta, confírmase a segunda das tres grandes noticias tecnolóxicas do sector do entretemento que se esperaban para este ano logo da presentación da nova Playstation 4 e a espensas do novo lanzamento da empresa da mazá: Apple Tv.

Comentarios