Inditex ficha a Rosalía: A cantante deseñará unha colección para Pull&Bear

Sairá á venda a partir do próximo 12 de novembro

Imagen promocional de Rosalía para Pull&Bear. PULL&BEAR
photo_camera Imaxe promocional de Rosalía para Pull&Bear. PULL&BEAR

Inditex fichou á cantante catalá Rosalía para deseñar unha colección para a súa insignia Pull&Bear, que sairá á venda a partir do próximo 12 de novembro, segundo anunciou este mércores a firma. 

Desta forma, a artista, nomeada a 5 Grammy Latinos, colaborará coa marca para crear unha colección cápsula, da que, polo momento, só se coñece a súa imaxe promocional.

De feito, a propia artista xa anunciaba novidades a través dos stories de Instagram.

Tras o éxito global de Malamente ou Pienso en tu Mirá, e o recente lanzamento do seu segundo álbum El Mal Querer, a cantante e a marca do Grupo Inditex crean a liña Pull&Bear by Rosalía. 

Esta alianza, que une música e moda, é froito do compromiso de Pull&Bear por apoiar un movemento xeracional que pon en valor a nova escena creativa española, da que a cantante Rosalía é un dos seus máximos expoñentes, segundo sinalou a cadea de moda. 

Comentarios