Jennifer Aniston e Justin Theroux danse o 'si, quero' en Los Ángeles

A parella celebrou unha cerimonia por sorpresa no xardín da súa casa de Bel Air, á que acudiron máis de 70 invitados
Jennifer Aniston y Justin Theroux, en una imagen de archivo
photo_camera Jennifer Aniston y Justin Theroux, en una imagen de archivo

A artista Jennifer Aniston e o actor e guionista Justin Theroux casaron o mércores na súa casa de Bel Air (condado de Los Ángeles, EE UU), nunha cerimonia que celebraron por sorpresa e á que os invitados acudiron pensando que ían á festa de aniversario do noivo, informou este xoves People.

Aniston, de 46 anos, e Theroux, de 43, coñecéronse durante a rodaxe de Tropic Thunder (2008) en Hawai e oficializaron o seu compromiso en agosto de 2012, logo dun ano de relación sentimental.

A parella deuse este mércores o 'si, quero' ante máis de 70 invitados no xardín da súa mansión.

A actriz Lisa Kudrow, compañeira de Aniston en Friends (1994), e personalidades como o presentador Howard Stern estiveron entre os asistentes.

Jennifer Aniston estivo casada entre xullo de 2000 e outubro de 2005 con Brad Pitt e posteriormente mantivo romances co actor Vince Vaughn e o músico John Mayer.

Comentarios