Jesús Calleja grava unha nova entrega de 'Volando voy' na Ribeira Sacra

Un equipo do espazo '‘Volando voy’' de Cuatro traballa estes días na zona de Chantada. Espérase que voe en helicóptero polos canóns do Sil ou do Miño
Grabación del programa ‘'Volando voy'’ en A Sariña
photo_camera Grabación del programa ‘'Volando voy'’ en A Sariña

O polifacético Jesús Calleja trasladouse estes días á Ribeira Sacra para gravar un dos capítulos da segunda tempada do programa de televisión ‘Volando voy’, un espazo no que un equipo de Cuatro achégase ás poboacións máis illadas da xeografía española, entrevista aos seus habitantes e proponlles varios retos relacionados coas novas tecnoloxías.

Calleja, alpinista, explorador e figura principal do programa, estivo este luns na Sariña, Chantada, para facer unha rolda de entrevistas nun improvisado escenario á beira do río Miño. O equipo é especialmente celoso co seu traballo e, este luns, declinou que se tomasen imaxes das gravacións e da presenza de Jesús Calleja, pero na zona de rodaxe estaban veciños como o enólogo Roberto Regal, o presidente da asociación Ribeira Sacra Rural, Francisco Almuíña; Luisa Rubines, de Quinta Sacra; o avogado Quico Núñez-Torrón, veciño de Lugo pero visitante habitual da zona de Belesar e Pincelo, ou José Mouriño Cuba, un dos impulsores da denominación de orixe Ribeira Sacra.

A conexión entre o programa de Jesús Calleja e a Ribeira Sacra xurdiu a través do consorcio de turismo, que o pasado mes de outubro iniciou os contactos para lograr que o equipo viaxase á comarca. Logo de intercambiar varios correos electrónicos tivo lugar unha reunión en Fitur por mor da que Calleja achegouse á Ribeira Sacra para buscar localizacións. Finalmente, púxose en marcha a solicitude dos pertinentes permisos e esta semana comezaron os traballos de gravación. Espérase que no programa o alpinista realice un voo en helicóptero polos canóns do Sil ou do Miño, xa que esa é unha dos acenos de identidade do espazo. De feito, o habitual é que o presentador pilote el mesmo o helicóptero e que como guía vaia algún veciño.

En anteriores tempadas ‘Volando voy desprazouse ao Desfiladeiro dos Gaitanes, Somiedo, cabo Ortegal, as Minas de Riotinto ou as Medulas leonesas, entre outros destinos. Nesta tempada, o primeiro programa gravouse en deserto almeriense de Tabernas.

Comentarios