O número 5 da lista de Sinaí Giménez, espida

Tras recibir o apoio de Malena Gracia e as Azúcar Moreno, Iniciativa Viguesa leva a súa campaña ata a 'Interviú'

A campaña de Sinaí Giménez como candidato á Alcaldía de Vigo por Iniciativa Viguesa volve hoxe á actualidade por culpa  de Interviú. Baixo o epígrafe de "Políticas de portada", a publicación inclúe unha sesión de fotos -levada a portada- e unha entrevista con Beatriz Carrero Nieto, monitora de animación, exalumna do Instituto da Guía e número cinco da lista do partido. A revista advirte que Carrero, á que presenta como "A candidata do Obama galego", "vai dar moita guerra".

A través do seu Twitter, Giménez ofreceu unha lectura política sobre o posado, e animou os seus veciños a que a coñezan esta mesma tarde nun acto na cidade olívica:

Comentarios